Texto e imagens: Galipedia, a Wikipedia en galego
Video: Turismo Baiona
A Festa da Arribada da Carabela Pinta a Baiona celébrase nesa vila conmemorando a chegada á mesma de Martín Alonso Pinzón na carabela Pinta o 1 de marzo de 1493, trala primeira viaxe de Cristovo Colón a América, cunha escenificación da súa arribada. A festa celébrase o primeiro sábado e domingo de marzo. Está catalogada como festa de interese turístico internacional de España e acolle cada ano unhas 30.000 persoas.
A celebración consiste nunha festa medieval nas rúas da vila vella onde hai, ademais de música tradicional e xograres, postos de comida galega e artesanía. Fanse ademais actos coas vilas irmandadas de Palos de la Frontera, Santa Fe e Pornic.Dende o ano 1999 está declarada festa de Galicia de interese turístico[1]; en 2010 concedéuselle o título de festa de interese turístico nacional de España[2] e en 2015 o de festa de interese turístico internacional de España;[3] o número de visitante vai en aumento e ronda os 30.000 visitantes. |